lunes, 28 de abril de 2014

TEXTOS DE MARÍA REIMÓNDEZ

  A  INDIA, UN  ELEFANTE  NO  ZOO  OCCIDENTAL

 ENTREVISTA  SOBRE  A  POSICIÓN  DA  RAG   RESPECTO O TEMA  DA  MULLER

MARÍA REIMÓNDEZ " O CLUB DA CALCETA"

- ENTREVISTA





EN MAIO , CALCETA

     Este mes, " O club de Calceta"  de María Reimondez. A xuntaza celebrarase a finais de Maio, nunha reunión conxunta cos membros do club de lectura do IES  de Caldas de Reis.

     María Reimóndez:
                                         María Reimóndez Meilán, nada en Lugo no 1975, é unha tradutora e escritora galega. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

É tamén fundadora da organización de cooperación internacional Implicadas/os no Desenvolvemento, da que foi presidenta ata 2013, amais de fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión.


Obra:
Poesía
Moda galega (Positivas, 2002).
kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013).
Moda galega reloaded (Positivas, 2013).
Presente continuo (Xerais, 2013).

Narrativa
O caderno de bitácora (Positivas, 2004). Novela.
O club da calceta (Xerais, 2006. Publicada en italiano, como Il club della calzetta, editorial Gran Via, 2007, e en castelán, como El club de la calceta, editorial Algaida, 2008). Novela.
Pirata (Xerais, 2009). Novela.
En vías de extinción (Xerais, 2012). Novela.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
Usha (Xerais, 2006).
O can trampulleiro (Comarca do Salnés) (Everest Galicia, 2007).
Colegas do futuro (Comarca do Ortegal) (Everest Galicia, 2007).
Misterio no Deza (Comarca do Deza) (Everest Galicia, 2007).
O trasno burlón (Comarca da Coruña) (Everest Galicia, 2007).
Unha viaxe no tempo (Comarca de Quiroga) (Everest Galicia, 2007).
A videoconsola (Comarca de Vigo) (Everest Galicia, 2007).
Lía e as zapatillas de deporte (Xerais, 2008).
O monstro das palabras (Xerais, 2009).
Volvo! O regreso de Usha (Xerais, 2014).

Ensaio
A alternativa está aquí (Xerais, 2014).

Traducións

Entre o costume e a ruptura, de Rachna Mara (Xerais, 1998). Do inglés.
Ionqui, de Melvin Burguess (Xerais, 1999). Do inglés.
Ra e porco, de Max Velthuis (Xerais, 1999). Do inglés.
Ra e lebre, de Max Velthuis (Xerais, 2000). Do inglés.
Ra e pato, de Max Velthuis (Xerais, 2000). Do inglés.
Ra e rata, de Max Velthuis (Xerais, 2000). Do inglés.
Boas noites!, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001). Do alemán.
Bos días!, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001). Do alemán.
Orelliñas vai de compras, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2001). Do alemán.
As cousas de Berta, de Roger Collinson (Xerais, 2002). Do inglés.
Onde está Orelliñas?, de Rotraut Susanne Berner (Xerais, 2002). Do alemán.
Mitos e lendas hindús (Positivas, 2002). Do inglés.
Os tres amigos, de Helme Heine (Xerais, 2002). Do alemán.
O coche de carreiras, de Helme Heine (Xerais, 2003). Do alemán.
Teatriños ou Aturuxos calados, de Erín Moure (Galaxia, 2007). Do inglés.
A filla do filósofo, de Elena Poniatowska (Galaxia, 2009). Do castelán.
Despois da medianoite, de Salma (Xerais, 2011).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
O son das buguinas (Xerais, 2007).
Vanakkam. Benvidas (Implicadas/os no Desenvolvemento, 2007).
De cando a primavera cría que era inverno (Xunta de Galicia, 2008).
Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (Xerais, 2008).
Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
Camiñan descalzas polas rochas (Tris Tram, 2010).
Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).
As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012).
Feminismos (Xerais, 2013). Con Olga Castro.
_XX In_éditos_ (Universidade da Coruña, 2013).

Premios

Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo no 2003, pola obra O Caderno de Bitácora.
Finalista do Premio Merlín 2005, coa novela xuvenil Usha.
Finalista do Premio Xerais 2005, Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, pola novela O Club da Calceta.
Premio Plácido Castro de tradución 2009, pola tradución da obra Mary Prince, unha escrava das indias occidentais.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio de 2013, por Feminismos, escrito con Olga Castro.        


martes, 18 de marzo de 2014

MEMORIA PARA XOANA MELLOR LIBRO DO 2OO3


MARICA CAMPO

 En Marzo, mes da muller, os membr@s do club de lectura estamos a ler  " Memoria para Xoana" de Marica Campo.

          MARICA  CAMPO: María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao, no Incio, o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega. É a quinta filla dos seus pais; son en total oito irmaos. Pasa os primeiros anos no Incio, pero vai á escola a Lugo. Cando ten oito anos a familia trasládase a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresa nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permanece cinco anos. Acode á Universidade Pontificia de Salamanca onde fai estudos de Teoloxía. Obtén o título de mestra e inicia estudos de Filosofía e Letras.
   Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde reside varios anos. Posteriormente desenvolve o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubila en 2008 e onde continúa a residir.
     Publica os meus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comeza a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participa en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén fai letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.