jueves, 7 de noviembre de 2013

LOBOS NAS ILLAS

     

  NO  MES   DE   NOVEMBRO  NO CLUB  DE  LECTURA  DO  CEIP  SAN MARTIÑO 


    Lobos nas illas é un conxunto de vintetrés relatos que abalan na estrema entre o soñado e o vivido e teñen como referencia a vila imaxinaria de Lobeira e a un grupo familiar que se reúne para o enterro da avoa octoxenaria. Lobeira concibida como territorio da imaxinación, como lugar ilocalizable nos mapas, inzado de reminiscencias míticas. En palabras da crítica Dolores Vilavedra: Lobos nas illas ten algo de engado das demoradas tertulias familiares, e os seus cantos parecen xurdir arredor da lareira para transmitirnos as historias daquelas familias galegas tribais nas que o matriarcado era un mecanismo de transmisión de valores e de coñecementos. A solidariedade interxeracional que permite transmiti-la memoria máis íntima do grupo familiar, presente nos relatos máis breves que serven de enlace a outros relatos,tinxidos de fantasía e nostalxia, que serven para marca-las fronteiras entre o pasado e o presente, entre o soño e a realidade. Un teimudo afán de testemuñar ás xeracións vindeiras a forza segreda da coherencia.


MARILAR ALEIXANDRE


 Este mes os membr@s do Club de Lectura estamos lendo "Illa de Lobos" de Marilar  Aleixandre.

Marilar Aleixandre
          De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental, dende 1988.

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de "Agardando polos morcegos". Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos "Lobos nas illas", sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco.
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno.
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da palabra silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

PARA SABER  MÁIS:

- BIOGRAFÍA

- LIBROS  E  OBRAS

lunes, 21 de octubre de 2013

WIGWAN - ALONDRA E SUCHAI



  Os protagonistas do libro durante o sol do verán xogaban nun wigwan, que ven podía ser como éste.




 Tamén  xogaba  a Alondra e Suchai:



O SOL DO VERÁN - PORTADA- SCHIELE

A ilustración da portada do libro esta feita por  Egon  Schiele. " Retrato de  Albert  Paris"



       Egon Leo Adolf Schiele máis coñecido como Egon Schiele (Tulln an der Donau, Austria, 12 de xunio de 1890 – Viena, Austria, 31 de outubro de 1918), foi un pintor e grabador austriaco contemporáneo e discípulo de Gustav Klimt.
Foi un dos grandes artistas figurativos de principios do siglo XX e xunto con Oskar Kokoschka conformaron o que se coñece por expresionismo austriaco. A súa vida estuvo rodeada por un aura de misticismo: de talento moi precoz, morreu  a idade de 28 años. A pesar da súa corta vida, a súa obra é moi  numerosa: unhas trescentas corenta pinturas e duas mil oitocentas entre acuarelas e debuxos. Entre a súa obra creativa figura poemas e experimentos fotográficos. O seu particular estilo situouno entre os movementos expresionistas, especialmente da Secesión de Viena, cunha  tipoloxía moi persoal.
Unha das características máis fortes na pintura de Schiele é a destreza e a firmeza do seu trazo, o cal segue una vez comezado sen treguas, hasta o final sen ningunha corrección posterior. Parece que o artista continuaba co seu debuxo sen importarlle co modelo se movera o cambiara de lugar, posto que a línea seguía seu rumbo cargando con toda sua dimensión emocional.
As principais obras de Egon Schiele conservanse en Viena, distribuidas entre a Österreichische Galerie Belvedere e o Leopold Museum inaugurado nol ano 2001, é o que conserva o maior número de obras. Así como a maioría da súa gran colección de debuxos se encuentranse en a Albertina, tamén en Viena.

 Algunha imaxe das  súas  obras:








miércoles, 9 de octubre de 2013

UN NOVO CURSO PARA OS RABICHOS DE OÑITRAM


           O pasado Martes 8 de outubro os membros do club de lectura, do Ceip San Martiño, reunímonos  para dar comenzo a un novo curso cheo de boas lecturas.

   O título escollido para dar comenzo o curso é   "O sol do verán", o último libro escrito polo ourensán Carlos Casares.   


  O 5 de Novembro foi o día escollido para volver reunirnos para debatir sobre o libro.
CARLOS  CASARES:


c

      Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu docencia dende 1969 en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo do 2002
Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. . 

    En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a deliciosa noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.
    Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peciña dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho"). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1999) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, en 1989, o premio á creación cultural.
    Colaborador habitual, durante catorce anos, da prensa coa columna "A marxe", en La Voz de Galicia, Casares recibiu tamén os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995. Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994).
    Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996.





-   Carlos  Casares biografía e obras: es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares_Mouriño‎