viernes, 28 de junio de 2013

MÁIS FOTOS DA NOSA VISITA A TORALLA


RECOMENDACIÓN LITERARIA PARA ESTE VERÁN


    


     Onte na librería Cronopios de Pontevedra tivo lugar a presentación do último libro de Marina Mayoral, " O Anxo de Eva".







       Unha nena moi lista  un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller... O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor característico. Marina Mayoral, herdeira dunha tradición literaria galega que vai de Rosalía a Cunqueiro, ofrécenos con O anxo de Eva unha das súas novelas máis logradas e de engaiolante lectura.
  

viernes, 14 de junio de 2013

IMAXES DUNHA SAÍDA

O pasado xoves, 13 de xuño tivemos unha grata experiencia na nosa saída a Toralla. Deixamos no noso blog esta testemuña gráfica para o recordo...

jueves, 30 de mayo de 2013

SAÍDA FIN DE CURSO



     Os membros  do club, o xoves 13 de xuño, imos de excursión .Tomando como referencia o libro que lemos durante o curso, Ollos de Auga, de Domingo Villar, esté será o itinerario:

                        
                          



  -  Visita a  Illa de  Torallla.








  - Visita  con guía  a  Vila        Romana de Toralla.
                               


 

           -   Paseo por Samil.

                            


        

 -   "O  Eligio", onde se cadra,     agardanos unha sorpresa.

miércoles, 22 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 Este ano o día das Letras Galegas estivo dedicado,o dramaturgo, Roberto Vidal Bolaño.


Caricatura feita polos alumnos e alumnas de 5ª de Educación Infantil.

miércoles, 8 de mayo de 2013

ROSA PARKS


              Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks, nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, Alabama e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor (National Association for the Advancement of Colored People), NAACP, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer ao chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.
              En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unhavaga de protestas contra a segregacion.


       Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nunha icona do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit (Michigan) a principios da década de 1960, onde conseguiu emprego do representante afroamericano John Conyers (demócrata por Michigan) desde 1965 até 1988.