lunes, 24 de febrero de 2014

CRÍTICAS SOBRE NINGUÉN E ENTREVISTA FRAN ALONSO

RECURSOS DIDÁCTICOS

BLOG FRAN ALONSO

 DOMICILIO VIRTUAL FRAN ALONSO

TEST DE LECTURA DE NINGUÉN


   Pincha no seguinte enlace e descobre  todo o que sabes  de "Ninguén".

TEST QUE PUNTÚA OS COÑECEMENTOS SOBRE O LIBRO NIINGUÉN DE FRAN ALONSO



FRAN ALONSO

"NINGUEN"  é o noso seguinte libro de lectura común, escrito por Fran Alonso,nado en Vigo o 27 de xuño de 1963,  estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.
Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.
Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.
A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

lunes, 17 de febrero de 2014

REUNIÓN MORGANA EN ESMELLE


     Este  Martes os membros do club de lectura quedamos , as 18:30h. na biblioteca do centro, para debatir sobre o libro de Begoña Caamaño     " Morgana en Esmelle".



viernes, 31 de enero de 2014

ESMELLE

            San Xoán de Esmelle é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ferrol na comarca homónima e que ocupa o val do mesmo nome que acaba rematando á beira do océano Atlántico, onde se creou un fermoso areal moi visitado no verán.

 "Merlín e familia" é unha novela de narrativa fantástica de Álvaro Cunqueiro, está ambientada na terra de Esmelle, onde o mago Merlín vive nunha fonda co protagonista da novela, Felipe de Amancia.
Os capítulos son independentes, e cada un narra unha historia distinta con toques de humor e parrafos desenfadados. Divídese en dúas partes.Unha narra a vida de Felipe en Miranda xunto ao mago e a segunda conta a vida del cando xa é adulto e traballa nunha fonda no Camiño de Santiago.
personaxes..
* O mago Merlín.
Representación de Merlín en Esmelle (Ferrol)
* Felipe, protagonista da novela.
* A raíña Xenebra.
* Manueliña, a cociñeira.
* José do Cairo, o mozo de cortes.




MORGANA

    Morgana é unha poderosa fada da mitoloxía celta, media irmá do Rei Artur, nai con el de Mordred e discípula de Merlín. É a raíña da illa de Avalon, co poder de curar e mudar de forma.
   No ciclo artúrico, a fada Morgana é un personaxe feminino, ás veces presentada polos cristiáns como antagonista do Rei Artur e inimiga de Xenebra. Na Vita Merlini (Vida de Merlín) do século XII, dise que Morgana ("Morgen") é a maior de nove irmás que gobernan Avalon. Geoffrey de Monmouth fala de Morgana como curandeira e cambiante. Escritores máis tardíos como Chrétien de Troyes, baseándose na interpretación de Monmouth, describiron a Morgana velando a Merlín en Avalon.
  Na tradición dos ciclos artúricos, Morgana era a filla da nai de Artur -Lady Igraine- e do seu primeiro marido -Gorlois, duque de Cornualles- e sobriña de Viviana, a Dona do Lago. Arturo, fillo de Igraine e de Uther Pendragon, era, por tanto, medio irmán dela. Como muller celta, Morgana herdou parte da "maxia da Terra" da súa nai. Morgana tiña dúas irmás máis vellas (e era por tanto a menor das tres, e non a maior de nove). O trío de irmás é unha fórmula abundantemente usada na mitoloxía celta. En La Mort d'Arthur (A morte de Artur) e noutras fontes, ela é a infeliz esposa do Rei Urien de Gore, e Owain mab Urien é o seu fillo.

   Nas interpretacións cristiás máis modernas da mitoloxía artúrica, Morgana seduce a Artur e concibe con el o malvado Mordred, aínda que orixinalmente (por exemplo en La Mort d'Arthur) este papel asígnaselle a unha das súas irmás.

       Diversas fontes describen a Morgana como discípula de Merlín, e máis adiante como a súa rival; neste papel, o personaxe aparece parcialmente superposto a "Viviana", unha das figuras que corresponden ao nome da "Dona do Lago". O mito da rivalidade entre Morgana e Merlín retómase nalgunhas obras cinematográficas, en particular na película Excalibur de John Boorman (1981).