miércoles, 27 de febrero de 2013

Presentación do Club de lectura

        No CEIP San Martiño empezamos o ano con folgos novos e con ansias de poñer en valor a nosa lingua e cultura, por eso, o luns día 21 tivo lugar a presentación do noso club de lectura. Van participar nel: nais, pais a tamén un grupo de profesoras. 
    
         A Presidenta é a Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio que tivo a iniciativa de poñer en marcha este club de lectura en lingua galega Dende aquí queremos que a nosa lingua se normalice como lingua propia de Galicia. Ademais, unida ao portugués, a lingua irmán, é a quinta lingua mais falada do mundo. Os países da lusofonía están espallados por os diferentes continentes. Por tanto, aprender galego tamén é útil para comunicarnos con boa porte da humanidade. 

 O libro elixido para empezar é un libro que acaba de saír do prelo: "As voces baixas".   Do emblemático escritor Manolo Rivas.


Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalistagalego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG .Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.



Resume da obra:
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor da existencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos.




Para  saber máis:




No hay comentarios:

Publicar un comentario