Neste relato ao protagonista gustalle moito a música de " The Doors", grupo liderado polo carismático Jim Morrison.
Aquí tendes as cancións que se nombran no relato:
LIGHT MY FIRE
WHEN THE MUSIC OVER
THE SOFT PARADE
JIM MORRISON
James Douglas "Jim" Morrison, nado o 8 de decembro de 1943 e finado o 3 de xullo de 1971, foi un cantante e escritor norteamericano, coñecido principalmente por ser o vocalista da banda de Los Angeles The Doors.
Naceu en Melbourne, Florida, foi un cantante e letrista da banda de rock, The Doors, rebelde, enfrontado á súa familia, de longa tradición militar, e ó poder, que o consideraban un disolvente dos principios éticos da sociedade norteamericana, está considerado un dos personaxes máis carismáticos do rock. É tamén autor de varios poemarios, un documental, unha curtametraxe e dous dos primeiros vídeos musicais ("The Unknown Soldier" e "People are Strange"). Morrison morreu ós 27 anos de idade en París dun ataque ó corazón, aínda que os rumores sobre a súa morte contribuíron ó mito que aínda envolve a súa figura.
Para saber máis: GALIPEDIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario