O aumento da poboación non poderá dixerirse nun sistema económico que non acaba de industrializarse e que quedaba aislado das puxantes redes ferroviarias peninsuares. Todo elo ,dará paso, a mediados do século XIX, a unha emigración masiva a América que prolongarase durante o século XX.
A última ocasión na que o Reino de Galicia mostrou unha manifestación política foi durante a invasión napoleónica. A ameaza que para o manteñemento da hexemonía do clero e a fidalguía galegas representaba o empuxe revolucionario de Napoleón provocaron a súa rápida reacción actuando como estímulos para a resistencia e a movilización. Con a penínsua baixo dominio napoleónico, a resistencia organizouse en Galicia, combatindo as tropas francesas empregando por primeira vez na historia, o sistema de guerrillas, hasta lograre a súa expulsión. Rematado este episodio, a Xunta Superior erixiúse en expresión política, pero de forma breve, integrándose en pouco tempo e delegando as súas competencias nas Cortes de Cádiz, para regresar o seu estado anterior de inacción.
O Reino de Galicia deixaría de existir formalmente o 30 de novembro do 1833, data na que a rexente María Cristina firmaba o decreto de disolución, polo que o centralismo liberal no goberno suprimía o seu órgano de expresión política. Con éste trámite non só desaparecía o Reino de Galicia senon ,Galicia mesma como realidade institucional, xa que os Reinos e as Xuntas pasaban a ser sustituidas por un modelo de provincias, mimético dos departamentos franceses.
Avanzado o século XIX xorden en Galicia diversos movementos sociopolíticos:
O carlismo que reivindica a defensa do desaparecido Reino de Galicia dende unha perspectiva tradicionalista e clerical: non conseguíu ser hexemónico debido a puxanza liberal das cidades como A Coruña.
O provincialismo: defensa da identidade galega de corte liberal, reprimido tras o levantamento liberal en contra de Narváez de 1846 e os fusilamentos do Carral.
O federalismo: movemento democrático que redactou unha constitución para un estado federado galaico, sin éxito, debido o caos da Primera República Española e a crisis do republicanismo posterior.
O rexionalismo: obra do economista Alfredo Brañas na que se centra nunha defensa do autogoberno de claro perfil conservador. Ten unha vertente liberal avanzada en pensadores como Manuel Murguía.
O agrarismo: movemento de masas campesiñas enfrentadas o foro e a sistemas tributarios disfuncionais na realidade rural gallega.
Dende o punto de vista literario, o Rexurdimento protagonizado por Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal supón o renacemento da cultura en lingua galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario