O libro elexido para ler neste mes é "Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño
BEGOÑA CAAMAÑO: Begoña Caamaño, nada en Vigo, no barrio do Calvario, o 14 de outubro de 1964, é unha feminista, xornalista e escritora galega.
Reside en Santiago de Compostela.Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza.
Dende 1989 traballa na Radio Galega, primeiro na delegación de Vigo onde, xunto con Rosa Martínez, bota a andar o "Trecolas", primeiro programa da emisora pública galega que se realiza dende unha delegación. En 1992 incorpórase á redacción central da Radio, en Santiago de Compostela, onde desenvolveu tarefas como redactora en distintos servizos informativos e no Diario Cultural. Posteriormente dirixiu e presentou os programas "Andando a Terra", "Club Cultura" e "Expresso de Medianoite". Traballa nas seccións de cultura e sociedade dos servizos informativos da Radio Pública de Galicia. Ademais do seu labor profesional, na Radio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, formando parte en diversas ocasións do Comité de Empresa da Radio e ocupando o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e as súas sociedades, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque "Prestige"
Colaborou nas revistas feministas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente e formou parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar!.
Narrativa:
Circe ou o pracer do azul, 2009, Galaxia.
Morgana en Esmelle, 2012, Galaxia.
Obras colectivas:
Pel con pel, 2010, Galaxia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario