lunes, 4 de marzo de 2013

Benito Soto



          Fillo dun mariñeiro pontevedrés, do barrio da Moureira, fíxose o mar moi novo como tripulante do barco escravista, O defensor de Pedro; onde nunha das súas viaxes declarase un motín  capitaneado por Benito Soto,  que farase co control do barco, que pasará a chamarse a Burla Negra.




  
      A Burla Negra pronto convertirase no barco pirata máis temido do Atlántico. De todos os asaltos a barcos que fixeron, destaca o do Morning Star, un barco inglés, cargado de ouro e outras riquezas.



      Un cadro de Clarkson Stanfield soe utilizarse  para ilustrar a terrible acción de Benito Soto contra o Morning Star, os piratas escapan abandoando a súa presa, mentras ésta fúndese.




Para saber máis:

  

2 comentarios:

  1. Olá
    Ando aínda pola metade do libro e estou a gostar del. A verdade é que non leo máis porque non me dá tempo, mais háchoo en falta e se non fose porque á noite fico durmido, seguro que xa o tiña rematado.
    Hai varias cousas nel que me chaman a atención. Unha delas é o feito de coñecer todos (ou case todos) os lugares nos que acontece a historia e o uso que o Xosé Miranda fai deles para facer críbel un relato que non ten que ser certo.
    Explícome. Como tantos libros contados por nenos pobres e á marxe da lei (Lazarillo de Tormes, A illa do tesouro . . . ) a primeira dúbida é: e logo este rapaz cando aprendeu a escreber? Non aprendeu? Logo isto é mentira.
    Mais os bos autores fan que acreditemos na historia que nos contan. Como fan iso? De moitos xeitos e hai un de Miranda que é orixinal: manipula os espazos reais (que coñecemos e dan verosimilitude) para facer críbel a historia. Por exemplo, aí está Beluso, na beira da ría, coa súa capela e a súa igrexa. Entón ben pode haber unha árbore furada para se agachar indo cara Marín camiño de Pontevedra.
    Eses usos son ás veces realmente rebuscados: ocurríusevos pensar por que motivo para iren do Acival a Beluso van á marxe dereita da Ría? Xeve, Campañó, San Salvador nunha noite de mal tempo? E logo, non podían ir pola Ponte de Bora e enfiar por Marcón, Salcedo e Lourizán? A min só se me ocorre unha resposta: polo realismo que desa reviravolta (para quen non é de Pontevedra) e ver como son bos mariñeiros e aparecer por primeira vez o mar cando se vai producir un asalto.
    Ao que ía eu, Xosé Miranda fai un esforzo moi grande para que o seu libro pareza “real” e faino ben, de feito hai que ser un pouco tocanarices para notar que que non pode ser que na marxe esquerda da nosa ría se vaia

    "entre nenos que corrían e xogaban á mariola e á billarda"
    http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=lipe&tipo_busca=lema
    http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=peletre&tipo_busca=lema

    Pois nada, eu vou ver se leo un pouco e vós a ver se atopades máis xeitos de dar realismo (ou até algún outro "erro")

    ResponderEliminar
  2. Gostei do libro e como dixen no outro comentario da apariencia de "real".
    Nese interesante epílogo fala das persoas que lle dan verismo ao relato, así que non vou engadir nada por aí, mais si que me parece destacábel a descrición que fai o autor do cárcere de Pontevedra porque é moi semellante á que fixo Xoán Manuel Pintos en "A Gaita Gallega":

    "Mira, Pedro, agora que falas de eso dígoche
    que seique val máis estar dez anos nun bo
    presidio que dez días nesa cadea de
    Pontevedra. Nese edificio triste, feo, cheirento,
    apestado, oscuro, inmundo que máis ben pode
    chamarse ortillo ou tobo para feras que non
    casa para ter os homes. (...)

    Fondo burato donde nunca é día,
    tumba de vivos por súa mala sorte,
    negra coroa de instrucción impía digna da morte.

    (...)

    ¡Duro castigo aos inocentes dado
    miles de veces por un fatal erro!
    ¡A ausolución por último é traslado para o enterro!

    (...)

    Nunca lle quenta nin tampouco alegra
    a luz do sol os tristes calabozos,
    e algunha escasa das rendixas, negra se torna a rozos

    Hai aínda máis datos que contribúen a demostrar que estamos diante dun libro moi ben documentado:
    "A Gaita Gallega" foi un éxito de vendas cando se publicou en 1853, sobre todo porque, probabelmente, os contidos xa circulaban desde algo antes. É dicer, que eran coñecidos na Pontevedra de pouco logo de 1846-48, cando acontece Morning Star.
    E non so iso, senón que o autor, X.M. Pintos foi nesa época profesor do instituto no que Lourenzo Tasende estudou antes de marchar para a Universidade (onde poida ser que coincidise co Murguía que deu as informacións da revolución do 46 en Compostela).
    Aínda tiñan mestre e pupilo un outro elemento en común na ideoloxía, que nesa época tiña que estar ligada ao socialismo utópico

    MS: ollo o cárcere e penso nos que o padecen
    AGG: Non vos cansedes vós, os da cadea, / non vos cansedes nunca de chorar, / porque o remedio ... só dios volo dea, que o pode dar

    Poida ser que se refira tamén a iso cando dí que atende "clientes que non sempre me pagan, porque non poden", como seica tamén facía o avogado X.M. Pintos.

    ResponderEliminar