viernes, 1 de marzo de 2013

Morning Star

Este mes estamos lendo " Morning Star" de Xosé Miranda Ruíz. 

A próxima cita de reunión dos membros do club de lectura  para comentar e debatir sobre o libro será o 21 de Marzo as 16:30 na biblioteca do centro.


   "Morning Star" publicada en 1998 acadou nese mesmo ano o Premio Xerais de Novela.


    A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción partindo dun coñecido cantar de cego titulado A vida e morte afrontosa de Tasende e que narraba a historia dun famoso bandoleiro.



        Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955.Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.


Para  saber máis:












No hay comentarios:

Publicar un comentario