sábado, 30 de marzo de 2013

DE BARES CON LEO CALDAS



      O  ELIXIO:   Travesia Aurora 4 (Principe). Vigo



      
    É  unha das tascas con máis fama de Vigo. Naceu nos anos 20 máis  a  súa fama chegou nos anos 60, xa que a súa ubicación, próxima a redacción de " El Pueblo Gallego", numerosos escritores e artístas consagraron  o Elixio como o  seu lugar de reunións.  Tralas súas portas conversaban Cunqueiro, Castroviejo, Lodeiro, Barreiro, Laxeiro, Maside e Montes, ademáis de disfrutar dos seus vos caldos e tapas.


   BAR   PUERTO : Rúa Arenal, 30






JAZZ : xénero musical nacido a finais do século XIX  en Estados Unidos, mediante a confrontación os africanos coa música europea. A instrumentación, melodía e armonía do jazz derívanse da tradición musical de Occidente e o ritmo, o fraseo, a producción do son e os elementos de armonía do blues derívanse da música africana e do concepto musical dos afroamericanos.


" Angel  Eyes".




"Laura" de Charlie Parker

MÁIS JAZZ



" STELLA  DE  STARLIGHT "


"EMBRACEABLE  YOU" dos irmáns Gershwin

JAZZ

SONY  ROLLINS                                                

 CHARLIE  PARKER  AND   LESTER  YOUNG

viernes, 22 de marzo de 2013

OLLOS DE AUGA

Nunha  habitación dun apartamento da torre da Illa de Toralla exponse este cadro:

Habitación de Hotel de Edward Hopper


jueves, 21 de marzo de 2013

DOMINGO VILLAR

        Escritor e periodista nado en Vigo no 1971, aínda que actualmente vive en Madrid, é coñecido polo seu traballo como guionista de cine e televisión, ademáis da súa labor como crítico gastronómico na radio e de colaborar con varias publicacións.

        Coa súa primeira novela, "Ollos de Auga", logrou un gran éxito tanto nacional como internacional, sendo gañador dos premios Sintagma, Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento.


       A súa obra:

                   - "Ollos de Auga" ( Galaxia 2006)

                   - " A Praia dos Afogados" ( Galaxia 2009)

   Tense proxectado o lanzamento da súa terceira obra para este mes de Abril, que levará por título " Cruces de pedra", a terceira aventura do inspector Leo Caldas e do seu axudante Estévez.

miércoles, 20 de marzo de 2013





    O xoves 21 comezaremos a ler un libro que  como protagonistas  a  illa de Toralla  e o Jazz.



BILLIE   HOLIDAY : " THE  MAN  I  LOVE"


     

lunes, 4 de marzo de 2013

Benito Soto



          Fillo dun mariñeiro pontevedrés, do barrio da Moureira, fíxose o mar moi novo como tripulante do barco escravista, O defensor de Pedro; onde nunha das súas viaxes declarase un motín  capitaneado por Benito Soto,  que farase co control do barco, que pasará a chamarse a Burla Negra.




  
      A Burla Negra pronto convertirase no barco pirata máis temido do Atlántico. De todos os asaltos a barcos que fixeron, destaca o do Morning Star, un barco inglés, cargado de ouro e outras riquezas.



      Un cadro de Clarkson Stanfield soe utilizarse  para ilustrar a terrible acción de Benito Soto contra o Morning Star, os piratas escapan abandoando a súa presa, mentras ésta fúndese.




Para saber máis:

  

viernes, 1 de marzo de 2013

Morning Star

Este mes estamos lendo " Morning Star" de Xosé Miranda Ruíz. 

A próxima cita de reunión dos membros do club de lectura  para comentar e debatir sobre o libro será o 21 de Marzo as 16:30 na biblioteca do centro.


   "Morning Star" publicada en 1998 acadou nese mesmo ano o Premio Xerais de Novela.


    A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción partindo dun coñecido cantar de cego titulado A vida e morte afrontosa de Tasende e que narraba a historia dun famoso bandoleiro.



        Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955.Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.


Para  saber máis: