martes, 18 de marzo de 2014

MEMORIA PARA XOANA MELLOR LIBRO DO 2OO3


MARICA CAMPO

 En Marzo, mes da muller, os membr@s do club de lectura estamos a ler  " Memoria para Xoana" de Marica Campo.

          MARICA  CAMPO: María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao, no Incio, o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega. É a quinta filla dos seus pais; son en total oito irmaos. Pasa os primeiros anos no Incio, pero vai á escola a Lugo. Cando ten oito anos a familia trasládase a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresa nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permanece cinco anos. Acode á Universidade Pontificia de Salamanca onde fai estudos de Teoloxía. Obtén o título de mestra e inicia estudos de Filosofía e Letras.
   Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde reside varios anos. Posteriormente desenvolve o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubila en 2008 e onde continúa a residir.
     Publica os meus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comeza a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participa en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén fai letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.