miércoles, 20 de noviembre de 2013

CURIOSIDADES LOBOS NAS ILLAS

  RELATO : XOANA  DE  CASTRO  ATRAVESA  A  QUINTANA

           Xoana de Castro "A desamada", foi unha dama de ascendencia castelá do século XIV, da estirpe dos señores de Biscaia, e filla do primeiro señor xurisdicional de Monforte de Lemos, Pedro Fernández de Castro, precursor da saga do Condado de Lemos.

          Era de Fernán Ruiz de Castro "Toda a lealdade de España", III Conde de Lemos, e da malograda Inés de Castro. Viúva de Diego de Haro, casou en 1354 co rei don Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraera con Branca de Borbón. Dese matrimonio naceu don Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.
         

O seu sartego está na catedral de Santiago de Compostela.

PARA SABER  MÁIS:  GALIPEDIA

CURIOSIDADES LOBOS NAS ILLAS



   RELATO    O  REVERSO:


   -  O cine  nos  anos  5O  supoñía a única maneira de alonxarse da realidade.
   -  O cinematógrafo era o único lugar público onde homes e mulleres podían estar xuntos na mesma sala.
   -  Foi unha gran década para o cine de Hollywood.



Algunhas esceas das películas que se poñían no cine Moderno, o cal a nosa protagonista vía do reverso.


SETE    NOVIAS    PARA   SETE   I RMÁNS



DANZANDO  BAIXO  A  CHUVA







CURIOSIDADES LOBOS NAS ILLAS

 


        RELATO:       O  GUILLÉN

CURIOSIDADES LOBOS NAS ILLAS

RELATO :  O  MOVEMENTO   BROWNIANO


            Neste relato ao protagonista gustalle moito  a  música de  " The Doors", grupo liderado polo carismático Jim  Morrison.
            Aquí tendes as cancións que se nombran no relato:


  LIGHT  MY  FIRE




WHEN  THE  MUSIC  OVER



THE   SOFT  PARADE









JIM  MORRISON

                          James Douglas "Jim" Morrison, nado o 8 de decembro de 1943 e finado o 3 de xullo de 1971, foi un cantante e escritor norteamericano, coñecido principalmente por ser o vocalista da banda de Los Angeles The Doors.
                       Naceu en Melbourne, Florida, foi un cantante e letrista da banda de rock, The Doors, rebelde, enfrontado á súa familia, de longa tradición militar, e ó poder, que o consideraban un disolvente dos principios éticos da sociedade norteamericana, está considerado un dos personaxes máis carismáticos do rock. É tamén autor de varios poemarios, un documental, unha curtametraxe e dous dos primeiros vídeos musicais ("The Unknown Soldier" e "People are Strange"). Morrison morreu ós 27 anos de idade en París dun ataque ó corazón, aínda que os rumores sobre a súa morte contribuíron ó mito que aínda envolve a súa figura.


Para  saber  máis:  GALIPEDIA















viernes, 15 de noviembre de 2013

CURIOSIDADES LOBOS NAS ILLAS



             RELATOS:      HAI    VINTE    ANOS      E       A    LUZ    DO    DÍA    ESCURA




PUIG  ANTICH, SALVADOR:   

     Nado en Barcelona o 30 de maio de 1948 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1974, foi un anarquista catalán, activo durante os anos sesenta e comezos do setenta, que morreu executado polo réxime franquista despois de ser xulgado por un Tribunal Militar e condenado como culpable da morte dun garda civil en Barcelona.

    Os episodios do maio francés de 1968 foron decisivos para que Puig Antich decidise implicarse na loita. A súa primeira militancia será en Comisións Obreiras e formará parte da Comisión de Estudantes do Institut Maragall. Ideoloxicamente axiña evoluciona cara a posicións anarquistas, que rexeitaban calquera tipo de dirixismo e xerarquía dentro das organizacións políticas e sindicais na loita da clase obreira cara a súa emancipación. Após iniciar estudos universitarios de Ciencias Económicas, fai o servizo militar en Eivisa onde é destinado na enfermería do cuartel. Unha vez licenciado, incorpórase á nova organización MIL, integrándose na parte armada. Participa, facendo de chofer, nas accións do grupo, que consisten xeralmente en realizar atracos a bancos. O botín destinábase a potenciar as publicacións clandestinas do grupo e a axudar ós folguistas e os obreiros detidos.
Puig Antich e os seus compañeiros movíanse con facilidade no mundo da loita clandestina e viaxaban a miúdo ó sur de Francia, onde se relacionaban con vellos militantes cenetistas.
En agosto de 1973, xuntáronse en Francia para celebraren o Congreso de Autodisolución do MIL. Ó mes seguinte, despois do atraco a unha oficina de La Caixa en Bellver de Cerdanya, comezaría unha forte ofensiva policial contra os militantes do MIL.
Primeiro caeron Oriol Solé Sugranyes e Josep Lluís Pons Llobet, e, a continuación Santi Soler, que foi detido, interrogado e torturado e remata por confesar os lugares de encontro clandestino dos seus compañeiros. O mesmo Santi Soler será empregado de trampa pola policía de paisano para deter a Xavier Garriga e Salvador Puig Antich. A operación, coidadosamente preparada, efectuouse o 25 de setembro de 1973 en Barcelona. Os dous anarquistas son detidos e, acto seguido no portal do número 70 da rúa Girona, ten lugar un tiroteo a consecuencia do cal Puig Antich ficou ferido e o novo garda civil Francisco Anguas Barragán resulta morto.
Encarceramento e execución:
        Puig Antich foi encarcerado, acusado de ser o autor dos disparos que causaron a morte a Anguas Barragán, e posteriormente xulgado en consello de guerra e condenado a morte por un réxime con sede de vinganza tralo atentado contra Carrero Blanco. En toda Europa organizáronse manifestacións pedindo a conmutación da pena capital, pero Francisco Franco mantívose firme e non concedeu o indulto. Salvador Puig Antich, de 25 anos, foi executado mediante garrote vil nunha cela do Cárcere Modelo de Barcelona o 2 de marzo de 1974 ás 9:40 horas da mañá.

Para saber máis:  wikipedia

jueves, 7 de noviembre de 2013

LOBOS NAS ILLAS

     

  NO  MES   DE   NOVEMBRO  NO CLUB  DE  LECTURA  DO  CEIP  SAN MARTIÑO 


    Lobos nas illas é un conxunto de vintetrés relatos que abalan na estrema entre o soñado e o vivido e teñen como referencia a vila imaxinaria de Lobeira e a un grupo familiar que se reúne para o enterro da avoa octoxenaria. Lobeira concibida como territorio da imaxinación, como lugar ilocalizable nos mapas, inzado de reminiscencias míticas. En palabras da crítica Dolores Vilavedra: Lobos nas illas ten algo de engado das demoradas tertulias familiares, e os seus cantos parecen xurdir arredor da lareira para transmitirnos as historias daquelas familias galegas tribais nas que o matriarcado era un mecanismo de transmisión de valores e de coñecementos. A solidariedade interxeracional que permite transmiti-la memoria máis íntima do grupo familiar, presente nos relatos máis breves que serven de enlace a outros relatos,tinxidos de fantasía e nostalxia, que serven para marca-las fronteiras entre o pasado e o presente, entre o soño e a realidade. Un teimudo afán de testemuñar ás xeracións vindeiras a forza segreda da coherencia.


MARILAR ALEIXANDRE


 Este mes os membr@s do Club de Lectura estamos lendo "Illa de Lobos" de Marilar  Aleixandre.

Marilar Aleixandre
          De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental, dende 1988.

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de "Agardando polos morcegos". Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos "Lobos nas illas", sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco.
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno.
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da palabra silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

PARA SABER  MÁIS:

- BIOGRAFÍA

- LIBROS  E  OBRAS