viernes, 27 de diciembre de 2013

GALICIA NO SÉCULO XIX

   
    
        O  aumento da poboación non poderá dixerirse   nun sistema económico que non acaba de industrializarse e  que quedaba aislado das puxantes redes ferroviarias peninsuares. Todo elo ,dará paso, a mediados do século XIX, a unha emigración masiva a América que prolongarase durante o século  XX.


     A  última ocasión na que o  Reino de Galicia mostrou unha manifestación política foi  durante a invasión napoleónica. A ameaza que para o manteñemento da hexemonía do clero e a fidalguía  galegas representaba o empuxe revolucionario de Napoleón provocaron  a súa rápida reacción actuando como estímulos para a resistencia e a movilización. Con a penínsua baixo dominio napoleónico, a resistencia  organizouse en Galicia, combatindo as tropas francesas empregando por primeira vez na historia, o sistema de guerrillas, hasta lograre a súa expulsión. Rematado este episodio, a Xunta Superior  erixiúse en expresión política, pero de forma breve, integrándose en pouco tempo e delegando as súas competencias nas Cortes de Cádiz, para regresar o seu estado anterior de inacción.



        O  Reino de Galicia deixaría de existir formalmente o 30 de novembro do 1833, data na que a rexente María Cristina firmaba o decreto de disolución, polo que o centralismo liberal no  goberno suprimía o seu órgano de expresión política. Con éste trámite non só desaparecía o  Reino de Galicia senon  ,Galicia mesma como realidade institucional, xa que os Reinos e as Xuntas pasaban a ser sustituidas por un modelo de provincias, mimético dos departamentos franceses.


Avanzado o século  XIX  xorden en Galicia diversos movementos sociopolíticos:


        O carlismo que reivindica a defensa do desaparecido Reino de Galicia dende unha perspectiva tradicionalista e clerical: non conseguíu ser hexemónico debido a  puxanza liberal das cidades como A Coruña.

      O provincialismo: defensa da identidade galega de corte liberal, reprimido tras o levantamento liberal en contra de Narváez de 1846 e os fusilamentos do Carral.

     O  federalismo: movemento  democrático que redactou  unha constitución para un estado federado galaico, sin éxito, debido o  caos da Primera República Española e a crisis do  republicanismo posterior.

    O rexionalismo: obra do economista Alfredo Brañas na que se  centra  nunha defensa do autogoberno de claro perfil conservador. Ten unha vertente liberal avanzada en pensadores como Manuel Murguía.

   O agrarismo: movemento de masas campesiñas enfrentadas o foro e a sistemas tributarios disfuncionais na realidade rural gallega.



     Dende o  punto de vista literario, o Rexurdimento protagonizado por Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal supón o renacemento da cultura en lingua galega.

     Unha das persoalidades ilustradas galegas máis importantes do século  XIX foi  Domingo Fontán.

sábado, 14 de diciembre de 2013

EN DECEMBRO CRIS CANALLA


Adolfo Caamaño (AELG)-2.jpg.
Obra

Poesía
Poemario irlandés, 2000, Espiral Maior.
Poemario compostelán, 2006.
Narrativa
Soberano, 2004, A Nosa Terra.
Cris canalla: o instinto da liberdade, 2009, A Nosa Terra.

Literatura infanto-xuvenil
O paxaro do mel, 2006, Xerais.
Obras colectivas
O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.
Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.

Premios
Premio de Relato Vila das Neves en 1991, por Frei Cibrán de Setados.
Premio Johán Carballeira no 1999, por Poemario irlandés.
Premio de poesía Concello de Marín no 1999, por Poemario compostelán.
Segundo premio de Relato Carlos Casares do Liceo de Ourense no 2002, por A cidade dual.
Premio de Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña no 2003, por Subsidio.
Premio Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra ao mellor libro do ano 2004.
Premio de Poesía María Mariño no 2007.
Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro no 2007.

O MARQUÉS DE SARGADELOS - LOBOS NAS ILLAS

       Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, Marqués de Sargadelos, nado en Santalla de Ozcos (Asturias) o 17 de outubro de 1749 e falecido o 2 de febreiro de 1809.
      Foi un ilustrado que creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza,con base en Ribadeo, onde chegou no 1768, impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor, Ribadeo, o 2 de febreiro do ano 1809, día no que tamén a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.
As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.
O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.

O asasinato do creador de Sargadelos un artigo de Isaac Díaz Pardo



Segundo os poucos datos históricos que temos deste feito, hoxe cúmprense 200 anos de cando o marqués de Sargadelos fora arrastrado polas rúas de Ribadeo atado á cola dun cabalo.

¿Como se empezou a divulgar esta historia? Felipe Bello Piñeiro, pintor ferrolán, fixo algunhas decoracións en casas de Viveiro. Entre Viveiro e Cervo vivía unha rapaza coa que Bello Piñeiro entaboou un certo amor romántico. Ela era unha descendente de Antonio Raymundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. Posiblemente foi ela a que levou a Bello Piñeiro ás ruínas de Sargadelos das que o pintor ficou prendido e profundamente namorado; con elas concibe un texto cheo de saudade e esperanza de que aquelas volvesen a traballar. O texto vai ver a luz en folletos da revista da asociación de artistas de Madrid e chéganos por dúas canles, a do mesmo Bello Piñeiro e a do inesquecible Manuel Ferrol, que conseguira retratar os textos e compoñéndoos seguidos figuraban como se fosen un libro. Non tardamos en facer a edición do texto de Bello Piñeiro Cerámica de Sargadelos, ao que se lle engadiu un prólogo, que penso o fixen eu.

Despois desto, co novo Sargadelos xa en marcha como obra do Laboratorio de Formas, fixéronse moitas investigacións e publicamos vinte libros con elas, mais a morte mesma de Ibáñez ficou sen documentar. O que se sabe foi transmitido de boca a boca, e así chegou a nós. Sábese que Ibáñez tiña moitos inimigos, empezando polo importante facendado Manuel Pedrosa, que tiña unha gran influencia e dominio na gran comarca de Cervo, e a quen o proxecto de Ibáñez lle resultaba unha competencia de prestixio intolerable. Por algúns datos, Pedrosa non estaba só e entre os seus asociados estaba a curia.

Non ben empezou a traballar a siderurxia de Ibáñez prodúcese o motín do 1798 co asalto ás fábricas e a desfeita de todo o que atoparon. Ibáñez puido salvarse esta vez saíndo por un portelo oculto do xardín. Pero nos máis interesados en queimalo tamén estaba o capelán que tiña Ibáñez ao seu servizo.

O odio contra Ibáñez non cesou e cando o da francesada apareceu unha boa ocasión para acusalo de afrancesado, pois ademais de formado na Ilustración era culto como os franceses. Ibáñez, sen tomar ás acusacións en serio, traballou como un gran patriota mandando barcos con munición a Cádiz para a defensa do exército.

Mais un exército mandado polo xeneral Worcester, acompañado de grupos iracundos enchidos de vinganza fernandina, entrou en Ribadeo e Ibáñez, que ocupaba un cargo na Xunta de Defensa, entre as falsas acusacións que viñan de Cervo e os odios que traían os liberadores non puido defenderse. Prodúcese entón o vil asasinato do marqués de Sargadelos. Worcester deixou tamén que as turbas fernandinas saquearan o palacio de Ibáñez e mandou deter á viúva e ás fillas de Ibáñez. A viúva morreu aos dous días. A envexa e a ambición duns cantos ignorantes acabaron cun home de 53 anos sabio e cabal.