martes, 23 de abril de 2013

NON HAI NOITE TAN LONGA

              Este é o título do libro que estamos lendo no club, de Agustín Fernández Paz, un libro que a meu parecer convertirase nun clásico de lectura obrigatoria.

         Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores,  e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. 
             Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
       Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.



PARA  SABER   MÁIS:

- Agustín  Fernández  Paz: neste enlace podedes consultar a súa biografía, as  súas obras, entrevistas e videos de interese sobre o autor.

1 comentario:

  1. Gustei moito da novela; mágoa non poder acudir a comentala con todos os do club a vindeira semana. Espero que poidamos coincidir de novo o próximo curso.

    ResponderEliminar